Xadrez recomendado

ChessRecipes


Tutorial do xadrez en Internet

Aprender XadrezO xadrez é á vez deporte, xogo e ciencia. Deporte porque os xadrecistas compiten entre eles, xogo porque entretén, e ciencia porque serve para desenrolar e educar a mente das persoas e sobre todo dos nenos. Se pulsades sobre o seguinte enlace iredes a parar á sección tutorial do xadrez dunha das máis coñecidas bitácoras sobre xadrez da blogosfera: Ajedrez 365.

Trátase dun magnifico tutorial onde os xogadores máis inexpertos poden aprender a xogar á xadrez, empezando dende a simple colocación das pezas sobre o taboeiro ata a explicacion de temas básicos como a desviación da defensa, o xaque en descuberta, a cravada, e xaque atravesando o rei o enfilada e a dobre ameaza. Así mesmo o xadrecistas novel podería aprender o movemento de tódalas pezas do xadrez e o seu valor (peóns, cabalos, alfiles, torres, rei e dama), será capaz de entender conceptos como a gañancia e perdida de tempos, ganancia e perdida do material, desenrolo, centro, rei afogado, xaque, enroque, asi como aprender a anotar e reproducir unha partida de xadrez.

Outra boa forma de aprender e perfeccionar na xadrez é resolve-los problemas de xadrez.